‘Eu son Balbino! 60 anos de Memorias dun neno labrego’ acada medio milleiro de visualizacións nas últimas horas

Nós Televisión estreou esta fin de semana a reportaxe ‘Eu son Balbino! 60 anos de Memorias dun neno labrego‘ acadando medio milleiro de visualizacións. Sesenta anos despois da súa publicación, ‘Memorias dun neno labrego‘ segue a ser a obra máis editada e traducida da nosa literatura. Razón pola que a equipa de Nós Televisión lle rendiu homenaxe a esta obra coa colaboración do Colexio O Foxo (A Estrada), a Fundación Xosé Neira Vilas, a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüistica.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego