Ramón Otero Pedrayo, o xeógrafo de Galicia

Estreamos nova serie de conversas: Os Camiños de Otero Pedrayo. Unha serie producida e realizada por Nós Televisión, gravada na Casa Museo de Otero Pedrayo, en Trasalba (Concello de Amoeiro, Ourense), para abordar desde diferentes perspectivas a figura deste xeógrafo, escritor e político galego, patriarca das nosas letras, referencia do galeguismo.

A serie foi feita en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo, e financiada pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e pola Cátedra Institucional Ramón Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O 1º capítulo dos 5 que forman parte da serie poderá verse desde o 6 de xuño do 2026, na canle de youtube de Nós Televisión, así como na canle 9 de R en toda Galicia e no servizo baixo demanda de Movistar Plus+ en todo o Estado español. Está protagonizado por Manuel Gago, xornalista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Augusto Pérez Alberti, Catedrático de Xeografía Física. Os dous conversan entre eles sobre Ramón Otero Pedrayo desde o punto de vista da súa faceta como xeógrafo e estudoso da paisaxe de Galicia.

A este capítulos seguirán estoutros:

  • Otero, o patriarca das letras. Coa profesora da Universidade da Coruña (UDC) e escritora, Carmen Fernández Pérez-Sanjulián e a académica da Real Academica Galega e profesora da USC, María López Sandez.
  • Otero na política galega. Co profesor da UDC, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, e o escritor e investigador, Emilio Xosé Ínsua López.
  • Arredor de Trasalba. Co secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García Gómez, e a secretaria da Fundación Otero Pedrayo, Patricia Arias Chachero.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego