Este venres estreamos ‘María Miramontes, tecedora dun país’

Emprendedora, modista, militante do galeguismo e dos dereitos das mulleres, a figura de María Miramontes debería brillar con luz propia. O seu traballo foi fundamental para o sostemento económico das diversas iniciativas editoriais e culturais do galeguismo: as Irmandades da Fala, as editoriais Lar e Nós e as Escolas do Insiño Galego.

Nós Televisión rescata a historia das puntadas dadas hai 100 anos por María Miramontes, que serviron para tecer non só unha bandeira, senón todo o tecido cultural e político dun País de nome Galiza.

Grazas ao apoio do Concello de Bergondo, o Concello de Santiago, o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña, este venres é de estrea no A Fondo de Nós Televisión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego