Nós Televisión estreará o vindeiro venres, 25 de abril, ás 21 horas, na canle 9 de R, o documental que aborda a figura do violinista e intérprete galego Florencio López. O filme, ‘Florencio López, o cego dos Vilares’, dirixido por Pancho Álvarez, aborda a vida de Florencio, nado na Fonsagrada de 1914 e que de pequeno sufriu unha varíola e unha parálise que o deixaron cego e con pouca mobilidade. Aínda así, desenvolveu unha gran mestría como violinista e percorreu as aldeas e vilas do norte de Lugo e o occidente asturiano sendo coñecido como ‘O cego dos Vilares’.
O seu legado, ademais de extenso e variado, é a gran referencia de violín tradicional.