Esther Estévez: “Son unha privilexiada pola miña variedade dialectal”

Esther Estévez nace en Verín en 1997. Licenciase en Xornalismo e fai as súas prácticas na Radio Galega e aquí, en Nós Televisión.

O seu lanzamento profesional prodúcese na Televisión de Galicia co nacemento, en 2020, do programa #dígochoeu que busca mellorar as competencias lingüisticas da lingua galega e que, desde o inicio, goza de moita popularidade entre a xente. Tanto que a partir do Digócho eu inicial nacen máis proxectos como é o ‘Apuntamento lusófono’.

O traballo da xornalista de Verín conta co recoñecemento de dous Premios Mestre Mateo á mellor comunicadora. Entramos na TVG e sentamos con Esther Estévez para falar da súa carreira profesional, das linguas galega e portuguesa, dos medios públicos galegos e mesmo do seu futuro laboral.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego