Estes son os GZmúsica do primeiro trimestre de 2021

No primeiro GZ Música do 2021 asistimos ao primeiro concerto de Zënzar tras sacar o seu novo disco, ‘Benvidas ao futuro’ e descubrimos que Residuos Atractivas andan preparando un novo repertorio.

Tamén levamos a festa a casa co programa de febreiro. Escoitamos a MJ Pérez e acompañamos no escenario a Los Jinétes del Trópico.

E no programa de marzo Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras entrevista ao grupo Ith neste novo programa de GZ Música. Tamén coñecemos as fusións da música tradicional con Oîma e achegámonos ao proxecto que comparten Fransy González, Davide Salvado e Cibrán Seixo. Viva a música en galego!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego