Un obradoiro de creación literaria organizado polo Concello de Santiago. Un novelista cavilando se deixar o oficio de escritor. O que ningún dos daquela participantes podían saber é que naquel momento, Suso de Toro comezaba a xénese da novela Fora de si (2018, Xerais).
Nós televisión acompañou ao novelista no seu reencontro co alumnado daquel curso e asistiu ás conversas sobre o proceso creativo e o oficio da escrita. Mais, o máis sorprendente foi descubrir aquelo que modificou os plans que o escritor tiña para si mesmo naquela altura.
Sábado 23 de outubro ás 12:00 , nova estrea da equipa de Nós televisión.