Inma López Silva, escritora e crítica, e Diego Ameixeiras, escritor e guionista, protagonizan a conversa Pensar a Cultura, que forma parte da serie Desafíos do país, producida e realizada por Nós Televisión, co obxectivo de analizar a situación actual da Galiza e facer propostas en positivo para un futuro inmediato.
A conversa de Inma López Silva e Diego Ameixeiras está en aberto para todos os públicos na canle de youtube de Nós Televisión e nas próximas semanas tamén estará dispoñible no 119 de R e no servizo baixo demanda de Movistar Plus+.
Gravada na Cidade da Cultura, na conversa os escritores abordan cuestións como a dependencia do sector cultural das institucións, as políticas que está a levar a cabo a Xunta ou a precariedade das persoas que se adican á cultura.