Conversa entre Miguel Anxo Bastos e Enrique Sáez sobre Pensar a Economía

Miguel Anxo Bastos, econonomista, politólogo e profesor, e Enrique Sáez Ponte, economista e presidente da Fundación Juana de Vega, son os protagonistas da conversa Pensar a Economía, que forma parte da serie Desafíos do país, producida e realizada por Nós Televisión, co obxectivo de analizar a situación actual da Galiza e facer propostas en positivo para un futuro inmediato.

A conversa de Bastos e Sáez está en aberto para todos os públicos na canle de youtube de Nós Televisión e nas próximas semanas tamén estará dispoñible no 119 de R e no servizo baixo demanda de Movistar Plus+.

Gravada na Cidade da Cultura, na conversa os economistas abordan cuestións como a transformación da realidade galega nos últimos anos, tanto no sector primario como nos servizos e no sector financeiro; a importancia da Unión Europea no desenvolvemento do país; a importancia do Eixo Atlántico; e a potencia económica do idioma galego.

Esta conversa é a segunda entrega da serie Desafíos do País, despois de que hai uns días se estrease tamén no youtube de Nós Televisión a primeira conversa, protagonizada polo historiador Lourenzo Fernández Prieto e o ensaísta Antón Baamonde sobre Pensar o Territorio.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego