Estas son as principais novidades das festas de San Froilán 2022

As festas de San Froilán volven con forza á cidade de Lugo. Esta semana a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmaba dous novos concertos, o de Anni B Sweet e Los Estanques que subirán ao escenario da Praza Horta do Seminario xunto Dakidarría que estarán na Praza de Santa María o venres, 7 de utubro, dentro da xira de presentación do seu novo disco Collage.

Concertos

As festas, que se celebrarán do 4 ao 12 de outubro, tamén contarán coa música de Treixadura (na praza Horta do Seminario o 12 de outubro ás 22 horas), Ariel Roth e Kiko Veneno co show ‘Un país para escucharlo’ (11 de outubro ás 22:00  na praza Horta do Seminario), Zahara (o 5 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario) e a Muchachito Bombo Infierno (o 7 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario).

Tamén estarán Seun Kuti & Egypt 80, co seu espectáculo “Love and revolution tour”, que abrirán as festas o 4 de outubro na praza Horta do Seminario, e Amparanoia, que se achegará a Lugo o día 9 dentro da súa xira polo 30º aniversario da banda, na praza Horta do Seminario.

DVICIO (8 de outubro. 22h. Praza Horta do Seminario), Rocío Márquez (11 de outubro. 21h Praza de Santa María), Ana Bacalhau. (6 de outubro. 21h. Praza Santa María) e  Andrea Motis (7 de outubro. 21h. Praza Santa María) son outros dos concertos confirmados para as festas.

Casetas de polbo

Outras das novidades destas festas é a volta das casetas de polbo que, segundo confirman dende a concellaría que vén de fixar o límite de prezos, cada persoa poderá consumir unha ración de polbo (250g) a 12€, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50€ e a botella de viño (3/4l) a 6€.

Esther Erios, pregoeira das festas

A comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista Esther Eiros sexa a pregoeira desta edición das festas. Eiros adicouse á información política nos informativos da Radio Miramar e entre o 81 e o 90 dirixiu diversos programas en Radio 5 e Radio Cadena Española.

Desde o 1993 ata a actualidade, dirixe o programa Gente Viajera de Onda Cero, programa co que gañou a medalla de Turismo da Generalitat de Catalunya en 1992, o premio ONETE de Información Turística no 1997 e o premio APEI-PRTV da Asociación Española de Prensa, Radio e Televisión no 1998. Posúe tamén dúas Antenas de Ouro e gañou nos anos 2004 e 2006 o Micrófono de Ouro.

Olga Novo será a oferente a Rosalía

A poeta da Pobra de Brollón, Olga Novo, é unha das poetas galegas máis recoñecidas. A obra de Olga Novo foi recoñecida co premio Losada Diéguez de literatura no 1998, o premio Ánxel Fole de investigación no 2004, ano no que foi recoñecida tamén polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ao adicarlle esta asociación o Día da Poesía.
Novo foi recoñecida tamén co premio da Crítica da poesía galega no 2011 e no 2019, o premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal no 2012, e no 2020 foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía outorgado polo ministerio de Cultura. Por isto a comisión de festa escolleuna como oferente a Rosalía.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego