Esta fin de semana, pon o 119 de R!

Chega a fin de semana ao 119 de R. A grella de Nós Televisión enche de cultura, lingua, música e reportaxes que completan unha televisión cos ollos postos en Galicia.

Este sábado, a partir das 21 horas, a cultura volve á grella do 119 de R coa figura de Yolanda Castaño. Á mesma hora, o domingo centrarémonos nas reportaxes elaboradas pola equipa de #nósAFondo como é a dos estereotipos de xénero e baile tradicional galego. Se queres saber máis da nosa grella só tes que seguir esta ligazón. Agardámoste no 119 de R!

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego