A Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, vén de lanzar a campaña ‘Xa somos máis de 600 coop. A Coruña, provincia cooperativa‘, unha campaña que desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña coa que pon en valor o tecido socioeconómico da Coruña, provincia cun maior número de cooperativas das existentes en Galicia. En total, con máis de 600 cooperativas, a provincia da Coruña aglutina preto dun 40 % das 1.600 cooperativas actuais da comunidade.
Con esta campaña, buscan fomentar o cooperativismo entre as persoas que aínda non forman parte del e aumentar o sentimento de pertenza das entidades da economía social. O lanzamento desta campaña coincide coa designación de Santiago de Compostela como Capital Española da Economía Social no ano 2022, amosando o apoio e o recoñecemento público que recibe a economía social na provincia e mellorando o coñecemento do modelo entre a poboación.