O semanal da cultura e lingua de Nós Televisión pechou este domingo, 27 de xuño, a tempada co programa número 41. Desta volta, a equipa do Espazo Aberto non só preparou unha reportaxe especial de #nósAFondo senón que tamén adiantou a programación de verán que está por vir en Nós Televisión.
O programa conducido por Xosé Bocixa, ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega’, tamén dixo adeus. Foi cunha conversa cun dos principais motores da cultura galega, Carlos Blanco.
E agora, que?
Nós Televisión arrancará o mes de xullo con estreas asociadas a nova tempada de verán. Un dos seus maiores exemplos será a estrea dun espazo dedicado á saúde dental en galego, un sector que conta cunha ampla presenza do castelán e que a equipa de Nós Televisión quere axudar a reverter coa colaboración da Clínica Médica Dental Pardiñas.
Non será a única estrea! Temos preparadas diversos mini-documentais arredor da nosa cultura e lingua que estrearemos proximamente. E, por suposto, continuarán a súa emisións os programas ‘Galego de todo o mundo‘, dedicado á lingua e ao mundo lusófono, e o ‘Universo Galaxia‘, un espazo centrado nas novidades da literatura galega.