Esgotada nun mes a primeira edición de ‘Ninguén contará a verdade’ de Pedro Feijoo

Ninguén contará a verdade‘, a obra coa que Pedro Feijoo acadou o Premio Xerais de Novela 2023, esgotou a primeira edición só un mes despois de saír á venda. Neste tempo vendéronse 4.000 exemplares do thriller que explora o mapa da corrupción política, un dato de récord na literatura en galego. Xerais ten xa en marcha a segunda edición da novela.

A trama da obra

Ninguén contará a verdade‘, de Pedro Feijoo, XL Premio Xerais de Novela Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego