Esconxuros para un rei
E

Mª Carmen Rei

Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo.

Con ela, a moza pasa por unha fase de aprendizaxe até que a mestra morre nun incendio, o que a obriga a fuxir, viaxando a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que inicia unha relación de amor pasional.

Relato de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara a unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'