Entrevista no #EspazoAberto á equipa de ‘Monstras’, a webserie feminista que estrea hoxe o primeiro capítulo

Poderás ver o Espazo Aberto ás 21.00 horas no 119 de R ou nas redes sociais de Nós Televisión

“Catro mozas chegan de madrugada á casa da amiga dunha delas: aconteceu algo do que non poden falar”. Con este fío argumental, Corentena Produción anuncia a estrea da primeira webserie feminista en galego Monstras. A webserie consta de 5 capítulos que se emitirán ás 20.00 horas dende hoxe ata o venres na canle de Youtube de Corentena Producións.

A equipa de Nós Televisión non podía perder a ocasión de falar coas artistas da webserie Monstras producida por Corentena Producións, unha equipa feminista e conformada intregramente por mulleres. No Espazo Aberto deste luns, que se emitirá ás 21.00 horas no 119 de R e nas nosas redes sociais (Facebook e Youtube) emitiremos a entrevista realizada ás actrices que conforman a webserie.

Montras: equipa

A guionista e directora Eire García, a directora artística Miriam Carril, as actrices Nola Drake, Antia Costas, Patricia Torres, Mariña López, Raquel Ferraz, a fotógrafa Beatriz Saiáns, a responsábel de son Diandra Eijo, ou Uxía Díeguez na función de continuista ou script, son algúns dos nomes que compoñen o elenco desta webserie. Corentena Producións aparece a finais do ano 2018 cun equipo de mulleres que xa participaran e foran autoras de traballos como ‘Azul Eléctrico’ (2016), Trioloxía da Riva Vol. 1 A Dor (2018) e As Mulleres Salvaxes (2019).

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego