Entidades sociais de defensa das linguas homenaxearán este sábado a Rosalía e Castelao

A ofrenda floral a Rosalía de Castro e Castelao terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres o 22 de xaneiro ás 12h e contará con intervencións de representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, de Euskalgintzaren Kontseilua e da Plataforma per la Llengua xunto coa actuación musical de Uxía e Os Trinquetes.

Conmemoración

O 29 de xaneiro cúmprense 137 anos do nacemento de Castelao e o 23 de febreiro, 186 do nacemento de Rosalía de Castro. As entidades en defensa das linguas galega, vasca e catalá queren aproveitar a proximidade de ambas as dúas datas para destacar “o valor referencial que teñen Rosalía e Castelao, cada un no seu tempo, na reivindicación da normalización da lingua galega e, por extensión, de todas as linguas propias dos seus países, cun legado que permanece vivo na actualidade a través do activismo para restitución plena dos respectivos idiomas”.

Este 2023 no que tamén se celebra o centenario do primeiro Galeusca, as entidades sociais de defensa das linguas do Estado lembran a Rosalía e a Castelao e reafirman a súa vontade de afondaren nas relacións que manteñen e de traballaren conxuntamente. Este traballo conxunto concretizouse os últimos anos nas accións a respecto da Lei audiovisual, iniciativas no Congreso ou pola defensa dos dereitos lingüísticos conxuntamente con outras entidades doutros territorios do Estado.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego