Valentina Formoso é sociolingüista e docente de Lingua Galega e Literatura e Lingua Portuguesa no IES do Milladoiro no concello de Ames.
Bernardo Penabade é sociolingüista e docente de Lingua Galega e Literatura no IES Perdouro no concello de Burela.
Formoso e Penabade conversan sobre a situación do galego e do portugués nas aulas e analizan a utilidade e futuro do modelo Semente. Esta conversa forma parte dunha serie de diálogos que reflexionan sobre o ensino do galego e sobre o galego no ensino. Un traballo realizado por Nós Televisión para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) co apoio económico da Deputación da Coruña.