En liña o Calendario Científico Escolar 2023: as ciencias en galego os 365 días do ano

Xa está en liña o Calendario Científico Escolar para este ano 2023 froito do traballo conxunto da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e o Consello Superior de Investigacións Científicas. Esta colaboración realízase desde o ano 2019, e cabe destacar que en 2022 a versión en galego do devandito calendario foi a máis descargada despois da castelá.

Ao longo dos 12 meses do ano, o calendario achega 365 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico (nacementos de persoeiros, conmemoracións de descubertas ou achegas destacables etc.). Está dirixido principalmente ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Alén diso, vai acompañado dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas, que responde aos principios de inclusión, normalización e equidade e atende ás pautas xerais de accesibilidade (tarefas con distinto grao de dificultade, efemérides redactadas nunha linguaxe sinxela ou texto en formato plano para a súa entrega mediante tecnoloxía texto a voz ou TTS). Tanto o calendario como a guía están dispoñiblesen aberto para a súa descarga gratuíta na seguinte ligazón.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego