‘En galego agora e sempre’, máis de 25 anos galeguizando os nosos cemiterios

Son os nosos cemiterios o espello deformado da nosa realidade? Unha reportaxe sobre a campaña ‘En Galego agora e sempre’ e o Día da Restauración da Memoria Lingüística que promoven o colectivo Galeguizar Galicia co apoio da Xunta de Galicia.

Xosé González Martínez: “O chamamento é a que as familias, que van limpar o día un de defuntos a sepultura, poñer flores… a mellor homenaxe que lle podían facer era cambiarlle a lápida”.

Valentín García: “Hai que facelo dunha forma que nos dea pé a impregnar na sociedade, falando con funerarias, cos notarios que preparan os testamentos, coas empresas aseguradores, cos sacerdotes, cos familias… e en realidade, con todos nós”.

Unha reportaxe de Nós Televisión, coas conversas con Xosé González Martínez, impulsor de Galeguizar Galicia e Valentín García, Secretario Xeral da Lingua e material de arquivo do colectivo Galeguizar Galicia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego