Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece. Este libro, escrito por Luís Rei Núñez e publicado en Editorial Galaxia, é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse. Estamos na Galicia de 1950. África Brea vén dun lugar da costa de Muros e estuda Maxisterio en Pontevedra, onde unha das súas profesoras é María Viviana Mariño. Son tempos de penitencia e penurias, mais elas dúas vivirán a súa vida sorteando tabús.
Elas dúasE
Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025
#EspazoLiterario
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'



