“É unha gran ledicia obter o Premio García Barros polo que este galardón representa”

O gañador do XXXIV Premio Manuel García Barros, o escritor Ignacio Vidal Portabales, explica ante as cámaras de Nós Televisión a “ledicia” que sinte logo de ter recibido un dos galardóns con máis prestixio da literatura galega. O premio, organizado polo Concello da Estrada, distingue a novela ‘As horas dunha illa remota’ que, finalmente, se chamará ‘As illas remotas‘.

“O García Barros non envexa a ningún outro premio”, Juan Constenla

O concelleiro de cultura da Estrada, Juan Manuel Constenla, fai fincapé no traballo cultural que ano tras ano realizan dende o municipio “copando o abano literario con galardóns como o García Barros” que van medrando, gañando prestixio e engrosando “unha nómina que non envexa a ningún outro premio”.

A entrega do premio, cunha compensación de 9.000 euros e a publicación da novela coa Editorial Galaxia, realizarase a finais de outono, todo apunta ás últimas semanas do mes de novembro.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego