Ata o 15 de novembro permanece aberto o prazo de inscripción nos Premios Youtubeiras que entregarán 7.500 euros en premios entre oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público.
O youtube en galego goza cada vez de máis saúde e existe unha diversidade temática que podes ver dentro da sección de Nós Televisión #víchelo. Os Premios Youtubeiras contribúen a que día a día a comunidade youtubeira que crea contidos no noso idioma medre e sexa máis diversa. Un exemplo é o youtubeiro Olaxonmario que formará parte do xurado dos galardóns deste ano.
Non o penses máis! Inscríbete nos Premios Youtubeiras e súmate a este rede da que moitas formamos partes.
Organización
Esta iniciativa está organizada por servizos de normalización lingüística de diferentes administracións; en concreto os dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, os das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e o da Deputación da Coruña.