More

    Neste Día das Letras pon no 119 de R, pon Nós Televisión!

    Este Día das Letras no que se homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán á vez que milleiros de persoas saen á rúa na defensa da lingua galega e a esixencia dun futuro digno para o idioma, Nós Televisión anímavos a sintonizar a nosa canle no 119 de R.

    Todos os días, de forma ininterrompida, Nós Televisión emite contidos galegos e en galego cunha grella centrada na lingua galega, a cultura, os feminismos e as causas sociais. Para todas as persoas que non dispoñen dos servizos de R, poden gozar dos contidos realizados pola propia equipa de Nós Televisión a través do YouTube. Entre todas e todos, en cada recuncho, sementamos país!

     

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego