O despido dunha traballadora da multinacional Grupo Norte que se negou a traballar gratis as horas extras motivou unha protesta da CUT diante da sede de Correos en Compostela. O lugar escollido polo sindicato débese a que a empresa ten unha serie de contratos con varias administracións públicas. Grupo Norte gábase de reducir os gastos e conseguir sanear as contas multimillonarias nas súas últimas presentacións de resultados.
“Buscan perfís vulnerabilizados para poder extorsionar”, sostén a afectada, Marta, que se negou a quedar pasiva e calada ante as continuas vulneracións dos seus dereitos por parte do Grupo Norte.
As irregularidades e as discriminacións
A CUT, a través do seu secretario de acción sindical en Compostela Leonardo da Cruz Blanco, denuncia o que consideran irregularidades no seu funcionamento, “algo que deberían saber as institucións que lles contratan os servizos a través das concesións públicas”.
Desde a CUT reivindican a recuperación destes servizos e que non estean privatizados
O Grupo Norte traballa tamén en varios países americanos e Portugal. En 2017 presentou un aumento no seu negocio chegando a acadar os 99 millóns de euros en Recursos Humanos e contando con concesións noutras Comunidades Autónomas.