Os Premios Youtubeiras volveron realizar unha gran festa na que se alzou e visibilizou o potencial do youtube en galego. A gala, que tivo lugar eeste sábado no Pazo de Cultura de Carballo, deixou numerosos galardóns. Entre eles:
Toxío fíxose co Premio Youtubeiras ao mellor canal mentres que Neeumatiko levou o de Youtubeire do ano e, Histéricas Histórikas, a das Youtubeiras Revelación. O premio á categoría de vídeo foi para ‘Eduardita’ de Piratas sen parche e o canal ‘Falemos do Reino de Galicia’ levou o de Calidade Lingüística. O premio Pioneiro levouno Pingando-Laura Veiga, o Premio Rede foi para o canal a Lobeira Today e o do Público para o vídeo ‘Bembibre coas Tanxugueiras’ de Xabi Gómez.
En total, repartíronse 7.500 euros en galardóns. Esta iniciativa está organizada por máis dunha ducia de concellos xunto coa Deputación da Coruña e as tres universidades galegas.