Desde ‘Ben Veñas Maio’ a ‘Bótalle un conto!”: así está a decorrer o mes das letras na cidade de Pontevedra

Este pasado sábado arrancaron as festividades do mes das letras na cidade de Pontevedra co certame ‘Ben Veás Maio’, que busca a promoción do galego entre o alumnado dos centros de segundaria e CIFP públicos de Pontevedra. Nesta xornada, que se desenvolveu no Pazo da Cultura, o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, agradeceu “a labor do profesorado de secundaria que coordina os equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino público da cidade, que son os que fan posible un certame coma este, que leva máis dun cuarto de século funcionando”.

Calendario de actividades

O programa de actividades continúa ese luns, 15, ás 18.30 h, no paseo de Antonio Odriozola, terá lugar unha visita guiada á exposición Rosalía coma Ti. A exposición, con textos de María Lado e imaxes de Belén Diz Juncal, actualiza a figura de Rosalía e pon en valor o seu traballo a prol da lingua. María Lado, comisaria da exposición, será a persoa encargada de guiar a visita.

O martes 16 a partir das 21 h actuarán na praza da Pedreira Tres pés para un Suso —proxecto integrado polos cantautores Xosé Costenla, Roberto Sobrado e O Leo— e O Sonoro Maxín. Xa o mércores 17, a partir das 11 h da mañá, celebrarase a Festa da Lingua na rúa da Serra, con distintas actividades: xogos populares, libros viaxeiros, actuación de Peter Punk… A información detallada sobre a Festa da Lingua pode consultarse en: @apedreira_cs.

Na tarde do mércores 17, ás 19 h, celebrarase na praza da Ferraría a final do certame Música nas Letras. No acto, durante o cal terá lugar a entrega de premios, as persoas finalistas interpretarán as composicións orixinais —baseadas en poemas ou mesturas de versos dalgunha das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas— coas que participaron neste certame musical.

O domingo 21 ás 18.30, no local social de Santa María de Xeve, terá lugar a final do concurso de contos orais Bótalle un conto! No evento, aberto ao público, participarán os contos seleccionados previamente polo xurado. O peche das actividades porao o Correlingua, que sairá o mércores 24 ás 10.30 h da Alameda de pontevedra para reivindicar o dereito da mocidade pontevedresa a medrar e vivir en galego.

Gañadoras do Ben Veñas Maio

As gañadoras e gañadores do Ben Veñas Maio desta edición 2023 foron:

Certame de curtametraxes
1º premio – José Saavedra Martínez, Lara García Mejuto, Alicia Rivera Bonilla, Nina Martínez Eiras e Mohamed Brikat Rebabti (IES A Xunqueira II)
2º premio – César Outón Fernández e Irene Rodríguez Vence (Frei Martín Sarmiento)
Certame de fotografía
1º premio – deserto
2º premio – Sabela Rivas Campos (IES Sánchez Cantón)
Certamen de banda deseñada
1º premio Categoría A – Sabela Baltar Torres e Carmen Monteagudo Arias, con Bechos (IES Sánchez Cantón)
2º premio Categoría A – Julia Lorenzo Portas, con Scream (IES A Xunqueira II)
1º premio Categoría B – Lorena Vidal Cal, con Santa Paciencia (IES A Xunqueira I)
2º premio Categoría B – Calota Montes López, con Non te compares (IES A Xunqueira ); e Iria Bernárdez Canabal, con Así é como… (IES A Xunqueira I)
Certame de narración
1º premio Categoría A – Lidia Hermida Tilve, con Queres xogar un xogo (IES Luís Seoane)
2º premio Categoría A – Antía Carrera Losada, con Unha noite para esquecer (IES Torrente Ballester); e Alicia Rivera Bonilla, con Frases coas que nacín (IES A Xunqueira II)
1º Premio Categoría B – Anxo Rodríguez Álvarez, con Curva número 13 (IES Torrente Ballester)
2º premio Categoría B – Paula Gómez Moreira, con O pano (IES Torrente Ballester); y Sara Lamoso Acuña, con Tolemia (IES A Xunqueira II)
Certame de poesía
1º premio – Rocío Paz Pichel, con Manoplas (IES Sánchez Cantón)
2º premio – Leo Iñarrea Barba, con Os versos da mandolina (IES Sánchez Cantón)
Certame musical
1º premio – deserto
2º premio – Migui (IES Valle Inclán)

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego