Deputación de Pontevedra | Antonio Monroy. Gravadas na memoria

Antonio Monroy. Orfo de Adolfo Monroy Figueroa, veciño de Alcabre asasinado o 10 de novembro de 1936. Fala non só do seu pai senón tamén dos represores e da vida que levaron logo a súa nai, Pepa Álvarez Quintas, e mais a descendencia (nove crianzas).

Peza Documental do proxecto ‘Gravadas na memoria’, iniciativa do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para recoller a testemuña de persoas que viviron moi de preto a represión franquista co fin de gardar as poucas voces directas que aínda quedan do acontecido durante a ditadura.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego