Danza, teatro e títeres enchen a programación do IX Festival Pequeártiko de Nadal

Celebrarase entre o 22 e 31 de decembro na Sala Ártika de Vigo

Os eventos culturais para a cativa aumentan na tempada de Nadal. Nesta liña, a Sala Ártika acolle entre o 22 e 31 de decembro ao IX Festival Pequeártiko de Nadal que incluirá espectáculos de danza e de teatro. Este festival está formado por 9 espectáculos de nove compañías de todo o Estado que ofrecerán ao público infantil e xuvenil 12 representacións de teatro, títeres, e danza.

Festival Pequeártiko de Nadal

Venres 22 de decembro ás 18:00h; “Molly y el gigante” de La Machina
teatro (Cantabria)

Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h; “Tras los pasos de Peter
Pan” de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana)

Domingo 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro (Galicia)

Martes 26 de decembro ás 18:00h; “A verdadeira historia dos tres
porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio (Galicia)

Mércores 27 de decembro ás 18:00h; “O xardín de Vila Gris” de Fulano,
Mengano e Citano (Galicia)

Xoves 28 de decembro ás 18:00h; “Superchica” de Bambalúa teatro (
Castela e León)

Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Aupapá” de ZigZag danza
(Asturias)

Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Burbuja” de Títeres sin
cabeza ( Aragón)

Domingo 31 de decembro ás 12:00h “A nena e os tres osos” de Migallas
Teatro (Galicia)

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego