#UniversoGalaxia

Curros&Holmes no misterio d’o kapital
C

Marcos Calveiro

Curros sabe que esta é a derradeira vez que baixa na procura do seu amor.

Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito.

Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso e cultura, empregarán todas as súas habelencias para resolver este misterio que os levara, nunha apaixonante aventura, polas perigosas e misteriosas rúas do Londres vitoriano.
Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.