O 13 de decemebro de 1987, hai 35 anos, a Mesa pola Normalización Lingüística convocou a primeira gran manifestación pola lingua na que participaron todas as forzas políticas, sindicatos, ANPAS e o movemento veciñal, entre outras entidades.
Esta efeméride non pasa inadvertida para a Mesa pola Normalización Lingüística que determina que “35 anos despois seguimos resistindo os ataques ao noso idioma. Denunciándoos en todos os ámbitos. Impulsando novas accións e reclamando que se cumpran os mínimos conquistados para que a lingua galega estexa en todo e para todo”.
Por último, a entidade de defensa do idioma chama a continuar loitando polo galego, a apoiar á Mesa e, a isto, suma os “parabéns e recoñecemento a quen se esforza día a día para que o galego exista”.