O Culturgal en directo en Nós Televisión

Sigue en directo as actividades do Culturgal na canle de Youtube de Nós Televisión, grazas á transmisión da Culturgal TV.

A televisión do Culturgal 2021 non vai ser un streaming, senón que incluirá moitos máis contidos: entrevistas, coloquios, pezas audiovisuais e directos entre outras moitas máis cousas. A programación estará conducida por Isa Sobrado.

A cultura que toca” é o lema desta edición, na que se recupera a parte feiral tras os peores momentos da pandemia en 2020. Desde a organización afirman que “o motor da feira 2021” será, precisamente, o contacto. Trátase de recuperar o espírito co que naceu o Culturgal no ano 2007, baseado na relación directa entre creadoras e público, empresas e institucións e tamén entre as persoas profesionais do sector cultural. “Por iso falamos dunha Culturgal coa cultura que toca: unha feira chea de estreas, artistas e autores, alianzas e grandes proxectos para 2022”, afírman na web das organizadoras.

Diferentes escenarios no Pazo da Cultura de Pontevedra acollerán as distintas actividades: encontros cos grandes nomes da literatura galega, actuacións musicais e exhibicións das distintas propostas das artes escénicas galegas. Tampouco faltarán este ano eventos dirixidos ao público infantil e familiar. Podes consultar o programa completo premendo nesta ligazón.

Como se afirma na web, o Culturgal “deste 2021 será un bo punto de encontro para imaxinar futuros desde o ámbito da cultura. É o que toca”.

Culturgal TV – Sábado 26

Culturgal TV – Domingo 27

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego