O 25 de xullo de 1950, fai xusto estes días 75 anos, tivo lugar en Santiago de Compostela, concretamente no Hotel Compostela, na praza de Galicia, a asemblea fundacional da Editorial Galaxia, que se convertiría no núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo en pleno franquismo.
Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro foron as tres cabezas que desde o inicio estiveron á fronte da editorial, cun claro compromiso coa lingua e a cultura galega.
Nós Televisión produciu e realizou en colaboración coa propia editorial, un documental que repasa a historia deste proxecto, desde os seus comezos e até os nosos días, para celebrar este aniversario tan especial. Un audiovisual perfecto para festexar e ver neste verán.



