Existe a posibilidade dunha futura reconciliación? A miña resposta, profundamente… decepcionada, é non” sostén Àlex Susanna, escritor e activista cultural catalán, tras o fracaso de Verines. O galego Suso de Toro responde: “dende estas bases non, só pode ser asumindo unha ruptura”.
Os encontros de Verines (Asturies), que xuntaban a autores e autoras das diferentes linguas do Estado español, marcaron unha xeración. Que significou o seu fracaso? Podería existir unha nova unión? E como?
Nun novo programa de Conversas no Sant Jordi, Suso de Toro lévanos de viaxe a Barcelona para reflexionar sobre os camiños da nosa cultura e da nosa lingua.