Rogelio Santos Queiruga é mariñeiro e influencer nas redes sociais en galego. Isabel Vilalba Seivane é a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Non se coñecían en persoa. Pero teñen moito en común.
Xuntámolos para analizar que mudanzas, beneficios e danos trouxo a UE para os sectores primarios galegos. Como se ve afectada a nosa pesca e a nosa agricultura e gandeiriá polas decisións que se toman en Burxelas? Eles son os protagonistas da nova conversa sobre os Desafíos para o futuro da UE. Falamos de Europa, desde o mar e o agro.
Esta conversa forma parte da serie producida e realizada por Nós Televisión, e gravada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, nas semanas previas ás eleccións europeas do 9 de xuño 2024, co obxectivo de analizar desde diferentes puntos de vista, a realidade en Galiza dentro da UE. O ex presidente da Xunta e economista Fernando González Laxe, e a sociológoa e ex directora xeral de Igualdade Ana Luísa Bouza, protagonizan a outra conversa da serie xa dispoñible tamén.