Continúa a rodaxe de ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós’

A sinatura de oito mulleres resultou fundamental no impulso da intelectualidade vangardista e o compromiso coa lingua galega na revista Nós, a publicación galega de maior resonancia universal. Esta revista, publicada entre 1920 e 1936, loitou pola normalización do uso do galego e levou os seus usos orais ata a alta cultura vinculándoo cos grandes movementos literarios europeos.

Pese a potencialidade das mulleres de Nós, da súa gran cultura e compromiso co galego, os seus nomes aínda pasan desapercibidos nas follas da nosa historia. Para transformar as formas de contármonos o galeguismo, colocar nome e rostro ás tecedoras da nosa historia e visibilizar o traballo das mulleres a prol de Galicia nace a serie documental ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós‘.

A comezos deste mes de maio, a equipa de Nós Televisión entrou en proceso de rodaxe desta docuserie que conta co patrocinio da Deputación de Ourense e que está conformada por un amplo elenco de persoas: desde a presentadora, a tiktoker galega Eira Losada, a entrevistadas da altura de Patricia Chachero, Antón Figueroa, Alberto Allegue ou Carmen Castro.

Se non queres perder ningún movemento ao respecto desta serie documental, segue de preto as redes sociais de Nós Televisión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego