Conta, Sherezade
C

Suso de Toro - Xerais, en singular

Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos nalgún lugar da memoria. A reflexión sobre a literatura, o descubrimento de segredos familiares que proceden de tempos dunha guerra civil destrutiva a todos os niveis e a reconfiguración da propia identidade son os asuntos que se tratan en ‘Conta, Sherezade‘, unha novela que se vai construíndo mentres se le. Suso de Toro sorpréndenos cunha historia en que a literatura se converte en protagonista da propia novela e nun medio para comprender a vida.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'