Constituiuse en Santiago a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

Tecer políticas públicas comúns que erradiquen a violencia de xénero

Consituiuse en Santiago a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá a constitución desta Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, que reúne a diversas administracións, colectivos e entidades para deseñar políticas públicas comúns que erradiquen a violencia de xénero.

A Mesa estivo formada pola Secretaría Xeral de Igualdade, a Subdelegación do Goberno, o Corpo Nacional de Policía, a Policía Local de Santiago; Servizos Sociais e CIM do Concello; Colectivos Feministas como a Plataforma Feminista Galega e Conas Ceives; a Xerencia da Xestión Integrada do Sergas; Inspección Educativa de Santiago e os colexios oficiais de Educadoras Sociais, de Psicoloxía e de Traballo Social.

Un paso máis

Esta Mesa é un paso máis por parte do Concello para intentar atallar as situacións de vulnerabilidade e desigualdade que sofren as mulleres e que veñen reflectidas nos datos resultantes do Observatorio sobre Igualdade de Xénero, o cal foi impulsado polo goberno municipal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -