Conmoción no movemento galeguista e cultural logo do pasamento de Luz Fandiño

Desde o momento no que trascendeu o falecemento da activista e poeta Luz Fandiño, este pasado domingo, o movemento cultural e galeguista do país non cesou de enviar mensaxes tanto de doo como de orgullo por teren coñecido a Luz, unha persoa que deixa na terra unha forte pegada.

Luz Fandiño será despedida este luns no tanatorio de Boisaca e na tarde do domingo 5 de maio terá lugar un acto de homenaxe na súa honra no auditorio do Museo do Pobo Galego.

Vía Rosalía

Luz Fandiño, xunto con María Xosé Silvar, Sés, foron as primeiras participantes do programa de Nós Televisión, Vía Rosalía. Nesta peza, ambas artistas falan das súas unións con Rosalía e entre si. Destacan elas a relación que terían con Rosalía se estivera viva ou que ven unha na outra de espírito rosaliano.

Mais non só. Luz Fandiño ten protagonizado novas, reportaxes, entrevistas… en moitas das pezas realizadas por Nós Televisión dado á súa continua relación co movemento social e cultural do país que hoxe tanto a lembra e celebra.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego