Conmemórase en Lugo os 37 anos da primeira sentenza en lingua galega

Hai trinta e sete anos, en 1985, ditábase a primeira sentenza na nosa lingua. Para conmemorar esta efeméride e continuar coa promoción do uso do galego no ámbito xurídico, a Deputación de Lugo, o Concello lucense e a Irmandade Xurídica Galega realizaron unha serie de actos que tiveron lugar na cidade das Murallas.


Vídeo de TIC- Servizos audiovisuais da Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos un acto académico no que se recñeceu o labor das maxistradas Dalila Dopazo e Sandra Piñeiro; os xuíces Edgar Fernández, Eladio Prieto, Luís Villares e Manuel Pereira; os fiscais Antón Fructuoso, Jesús Álvarez e Lucía Girón, e a letrada da Administración de Xustiza Ánxeles López.

Tras este acto, realizouse o descubrimento dun monolito na Praza de Avilés en homenaxe aos maxistrados, fiscais e letrados que promoveron, con esta decisión, a galeguización xudicial, pero tamén en recoñecemento da Asesoría Xurídica da institución provincial, as centrais sindicais e o funcionariado que, cada día, normalizan co seu traballo o uso da lingua galega no ámbito xurídico

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego