Coñeces o YouTube de Nós Televisión?

O canal de YouTube de Nós Televisión conta con máis de 11.000 subscricións e unha comunidade internacional xerada arredor do galego. Esta rede social, unha das apostas empresarias de Nós Televisión, non só permite a suba de contidos audiovisuais senón a interacción da propia audiencia. Neste caso, prodúcense debates arredor do galego con participantes da Galiza, Portugal, Brasil… intercambiando ideas e percepcións alén das fronteiras físicas. Por exemplo, a seguinte entrevista a Miguel Anxo Bastos supera as 11.000 visitas e os 200 comentarios:


Con máis de 3.000 visitas e case 250 comentarios, atópanse capítulos de Galego de Todo o Mundo, conducido por Eduardo Maragoto, coma este: ‘A Galiza pertence à Lusofonia?‘:

Programas, entrevistas, reportaxes… podes mergullar no canal de YouTube de Nós Televisión e atopar a diversidade de formatos que xiran arredor da nosa lingua e cultura. Séguenos nas redes sociais e achega tamén as túas valoracións!

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego