Coñeces as pegadas que deixou a represión lingüística en Compostela? 

A represión lingüística sobre o galego pode verse nas nosas cidades se nos fixamos ben. Para mostralo, este 7 de xullo ás 18.30 horas sairá da praza de Cervantes en Santiago de Compostela unha camiñada dunha hora sobre a historia da represión lingüística na cidade. 

Esta actividade está baseada na recentemente publicada obra de Carlos Callón ‘O libro negro da lingua galega’. A parte do autor, a camiñada contará coa participación de Francisco Rodríguez, Pilar García Negro e Ramón Mariño Paz. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego