Desde a escola de artes ‘Entre Caixas’ de Calo, en Teo, chega o grupo musical Hush conformado por seis nenas e nenos que cantaron ‘Estaría ben‘ acadando o premio da categoría infantil do Quero Cantar 2024, o certame promovido pola Deputación da Coruña para incentivar que a rapazada e as crianzas tezan vínculos coa música e que estes se desenvolvan en galego.
O anuncio realizouse durante a gala do certame no que tamén saíu gañadora na categoría xuvenil a solista Daniela Montes, de A Laracha, que intepretou ao piano a canción ‘Non todo era malo’.
A responsable da área de Cultura da Deputación, Natividade González, fixo fincapé na consolidación deste certame que promove que a mocidade cante e cree en galego a través a música.