‘Comunidade de Montes de Sta. María de Tebra. Autoxestión do territorio’ é un documental de 24 minutos de duración que aborda o traballo da comunidade de montes da parroquia situada no concello de Tomiño.
A película realiza un achegamento do espectador á organización e funcionamento da comunidade de montes, poñendo especial énfase en como os veciños autoxestionan os recursos que produce o monte veciñal, os cales reverten no coidado do propio monte e en beneficios sociais para a parroquia.
O documental foi rodado durante catro meses en diferentes localizacións de Santa María de Tebra poñendo o foco nos protagonistas da xestión do monte: comuneiros, membros da directiva e técnicos que nos achegan a unha mellor comprensión desta peculiar forma de xestión do monte galego.
FICHA TÉCNICA
Título: Comunidade de Montes de Sta. María de Tebra. Autoxestión do territorio
Dirección e guión: David Hernández e Alex Penabade
Montaje: Alex Penabade
Fotografía e son: David Hernández
Voz en off: Iria Pinheiro
Producción: Adarme Visual
Xénero: documental
Ano de produción: 2024
Duración: 24 minutos
Idioma: galego, español
Formato: 16:9 / Cor / dixital
Son: estéreo