Compostela adhírese á Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica

O municipio de Santiago adherirase coa entrada do novo ano á Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e comunitaria. Explicouno, Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, na rolda de prensa posterior á Xunta de goberno.

Xan Duro tamén lembrou o proxecto de compostaxe que ten en marcha na cidade para cumprir nun futuro coa normativa europea de residuos do ano 2008.

Na mesma rolda de prensa o edil explicou que antes de fin de ano estarán rematadas as actuacións nas zonas da cidade que tiveron inundacións días atrás.

Nova sentenza sobre actuacións de gobernos municipais anteriores

Xan Duro tamén deu a coñecer un informe do Director da Asesoría xurídica do Concello relativo a sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo que Santiago de Compostela deberá aboar as custas dos procesos impostas polo propio tribunal polas accións xurídicas realizadas sobre o prezo xusto das expropiacións forzosas do proxecto da DM-6 ZL 85 en Triacastela no 2012. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego