Como trazar unha cultura que sexa comunitaria e sostible? Diso estívose a falar e moito este venres na nave da Estación Cultural de Vedra, onde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS) organizou a xornada ‘Roga Cultural: a economía social e solidaria para unha cultura comunitaria’.
Axentes da cultura comunitaria galega encontráronse en Vedra para debater, intercambiar impresións e falar sobre cales deben ser os eixos dunha cultura comunitaria e sostible, as necesidades actuais do sector e tamén o punto de vista das administracións e que papel deben xogar as políticas culturais actuais para lograr un mundo mellor.
Nós Televisión estivo na xornada e puido falar coa presidenta de REAS-Galicia, Raquel Doallo e co técnico de Cultura de Vedra, Iván García; así como co asesor e técnico de Cultura da Deputación da Coruña, Xavier Campos. Podes ver os vídeos nas nosas redes sociais!



