Se es dun país lusófono ou estás a aprender portugués é lóxico tentares ler os textos escritos en portugués coa pronuncia deses países. Agora, se foses galego e non estudaches portugués, o habitual é ler eses mesmos textos coa pronuncia da Galiza. Ler en portugués non representa unha dificuldade para quen sabe galego.