Arranca o “Regnum totius Gallaeciae. O Reino medieval de Galicia“, o primeiro congreso dedicado a unha das épocas de máis esplendor de Galicia, e que nace con carácter internacional.
Este Congreso Internacional, que transcurrirá do 19 ao 22 de setembro no Museo do Pobo Galego, conta con 18 relatoras e relatores, será retransmitido ao vivo na súa web e permitirá o debate telemático. “É un Congreso pioneiro”, sostén o responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, “vai ser histórico e, ademais, conta con xente vida de diferentes puntos do mundo”