Cogami mobilízase en defensa da accesibilidade universal

Dende COGAMI salientan que a aplicación da Lei de Accesibilidade favorecería a toda a cidadanía, xa que os edificios públicos gañarían en comodidade e seguridade

Catro anos despois da súa aprobación no Parlamento, a Lei de Accesibilidade Universal non ofreceu aínda avances significativos. O prazo para adapta-los edificios e espazos públicos finaliza o vindeiro mes de decembro, e dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) denuncian a demora no cumprimento desta lei.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -