As revistas levan ducias e ducias de anos contando a nosa historia. Atopabamos artigos en galego en ‘Vida Gallega’, unha revista que víu saír o seu primeiro número en xaneiro de 1909 cunha portada deseñada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. El mesmo tamén formou parte da revista Nós, publicada entre 1920 e 1936. Esta marcaría toda unha xeración da historia do noso.
Trala morte do dictador Franco, voltan aparecer novas revistas en galego, moitas delas especializadas. Por exemplo, Braña a revista científica da Sociedade Galega de Historia Natual. Ou mesmo Andaina, a revista galega feminista que botou a andar en 1983.
E hoxe, nacen novas revistas en galego? Como afrontan os desafíos co dixital? Percorremos as librarías, as redaccións e mesmo as facultades… para averigualo!